Un ano máis a
Xunta de Galicia convídate a camiñar cara ao respecto, participando nesta ANDAINA SOLIDARIA.
Podes facelo de dous xeitos:
O sábado 29 de novembro ás 11:00h dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro
(andaina grupal programada).
Do 29 de novembro ao 06 de decembro, cando, onde e con quen queiras
(andaina persoal).
Súmaste a este percorrido solidario?
1.-
Cubre o formulario de inscrición, segundo a túa modalidade:
a) Inscrición individual, se es unha soa persoa.
b) Inscrición grupal/entidades, se camiñas en grupo.
2.-
Recibe no teu enderezo electrónico un DORSAL PERSONALIZADO, para levar á andaina.
3.-
Saca unha foto ou vídeo co teu dorsal e compártea nas redes sociais co hashtag:
#CAMIÑOAORESPECTO
Contamos contigo!
Grazas por formar parte desta andaina especial na que xuntas e xuntos visibilizamos a nosa loita contra a violencia de xénero.
Encontrámonos na explanada de recepción do "Albergue Monte do Gozo".
https://maps.app.goo.gl/sSg3j4RsVkyKoaFb9
GRAZAS POR DOCE ANOS CAMIÑANDO POLA IGUALDADE!
Séguenos nas redes sociais para non perderte nada!
* Para consultas contacta a través do enderezo electrónico: contacto@caminoaorespecto.gal