BASES DE PARTICIPACIÓN E CONSENTIMENTO PARA O TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL:
Se Vostede marca a casilla que aparece sobre este texto, estará a declarar:
a. Rexistrarse como participante e inscribirse no evento. O Responsable do Tratamento dos seus datos para as indicadas finalidades é a mesma UNA GRUPO IDEAS FACTORY S.L. (con CIF B36532034, domicilio social en Avenida Barcelona, 33 Local 1A 15706 Santiago de Compostela, teléfono 628 336 283 e email info@unagrupo.com).
b. Xestionar a súa participación no Evento, para o que os seus datos sexan comunicados á entidade organizadora do mesmo: a SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE da Xunta de Galicia, para todos os fins e, en particular, para publicar o seu nome fotografías e vídeos , así como para a captación ou filmación da súa imaxe durante o Evento, e os momentos anteriores e posteriores ao mesmo, en calquera material fotográfico ou videográfico.
c. Difundir o Evento por calquera medio visual ou audiovisual, incluídos internet e redes sociais, o que pode comportar a difusión da súa participación no mesmo. Dita difusión poderá ser realizada por: Sal de Marketing (con CIF B05467758, domicilio social en Lugar Castrillon, 16, Cambre, 15668, A Coruña), para difundir o propio Evento e sucesivas edicións do mesmo ou outros Eventos similares organizados por Sal de Marketing, con fins informativos ou publicitarios, ata que vostede non revogue o seu consentimento e, en todo caso, sen contraprestación.
d. Analizar os seus datos personais con fins de prospección de mercado e marketing electrónico, para enviarlle información publicitaria de produtos e servicios do organizador.
Revogación do consentimento.- Trataremos os seus datos en tanto non retire o consentimento que agora nos outorga, retirada que pode realizar en calquera momento, con efectos instantáneos, dirixíndose por correo postal ao domicilio social de UNA GRUPO IDEAS FACTORY S.L, Avenida de Barcelona, 33 Local 1A 15706 Santiago de Compostela ou a través da dirección electrónica info@unagrupo.com. Así mesmo, e respecto da canle de mensaxería instantánea soamente, poderá darse de baixa nel respondendo coa palabra "baixa" a calquera dos que reciba. No caso de que a revogación do consentimento a realice antes da data do Evento, debe saber que iso comportará a súa baixa inmediata no mesmo, polo que non poderá participar salvo que volva completar todo o proceso de inscrición.
Conservación dos seus datos persoais.- UNA GRUPO IDEAS FACTORY S.L. adoptou as correspondentes medidas de seguridade para a conservación e custodia dos seus datos de carácter persoal, e designou a unha persoa como Delegado de Protección de Datos, a pesar de non estar obrigada a iso, con quen pode contactar no domicilio social: UNA GRUPO IDEAS FACTORY S.L., Avenida Barcelona, 33 Local 1A 15706 Santiago de Compostela a través da dirección electrónica info@unagrupo.com.
Calquera que sexa a razón pola que revogue o consentemento que agora outorga, os seus datos persoais deixarán de ser tratados, os conservaremos debidamente bloqueados e arquivados para facer fronte a eventuais responsabilidades legais, durante un prazo máximo de cinco anos.
Posibilidade de formular reclamacións ante a AEPD.- En todo caso, lembrámoslle expresamente que ten dereito a formular as reclamacións que estime oportunas ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es), con sede en Madrid, rúa de Jorge Juan 6 (CP 28001), ou ante os organismos equivalentes das Comunidades Autónomas.