Bases de participación

BASES DE PARTICIPACIÓN E CONSENTIMENTO PARA O TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL:

Se Vostede marca a casilla que aparece sobre este texto, estará a declarar:

  1. que é maior de 16 anos;
  2. que no suposto de que esté inscribindo a persoas menores de 16 anos, vostede é a persoa responsable sobre este/a menor e non fará públicas imaxes vencelladas a este Evento nas que se poida identificar ao/a menor participante;
  3. que a información que nos proporcionou durante o proceso de rexistro e/ou inscrición é veraz;
  4. que acepta de forma expresa os termos e condicións que figuran no Aviso Legal, a Política de Privacidade e a Política de Cookies cuxos ligazóns aparecen neste documento;
  5. que acepta as bases de participación recollidas a continuación: 1. Para participar debe encher o formulario de inscrición incluído na web andaina ata o 28 de novembro as 12:00h. 2. Tras a súa inscrición poderá descargar o/os dorsal/dorsais en formato pdf. cos seus datos de participación 3. Poderá participar na Andania Central que sairá do Monte do Gozo o día 21 de Novembro, ás 11.00h en dirección á Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, en cuxo caso deberá formalizar a súa inscrición previa á data de celebración da Andaina; ou ben poderá camiñar os 5 quilómetros propostos, desde o día 21 ata o 28 de novembro, na localidade que vostede escolla e enviarnos a súa foto ou vídeo co/s dorsal/dorsais.
  6. que da o seu consentimento expreso para que os seus datos de carácter persoal contidos no presente formulario sexan tratados por UNA GRUPO IDEAS FACTORY S.L. con CIF B36532034, domicilio social en Avenida Barcelona, 33 Local 1A 15706 Santiago de Compostela e email info@unagrupo.com para os seguintes fins:

a. Rexistrarse como participante e inscribirse no evento. O Responsable do Tratamento dos seus datos para as indicadas finalidades é a mesma UNA GRUPO IDEAS FACTORY S.L. (con CIF B36532034, domicilio social en Avenida Barcelona, 33 Local 1A 15706 Santiago de Compostela, teléfono 628 336 283 e email info@unagrupo.com).

b. Xestionar a súa participación no Evento, para o que os seus datos sexan comunicados á entidade organizadora do mesmo: a SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE da Xunta de Galicia, para todos os fins e, en particular, para publicar o seu nome fotografías e vídeos , así como para a captación ou filmación da súa imaxe durante o Evento, e os momentos anteriores e posteriores ao mesmo, en calquera material fotográfico ou videográfico.

c. Difundir o Evento por calquera medio visual ou audiovisual, incluídos internet e redes sociais, o que pode comportar a difusión da súa participación no mesmo. Dita difusión poderá ser realizada por:

REDEGAL S.L. (con CIF B32318354, domicilio social en Calle Telleira, 11 entresuelo 32004 Ourense, teléfono 988 549 857e email info@redegal.com), para difundir o propio Evento e sucesivas edicións do mesmo ou outros Eventos similares organizados por REDEGAL S.L., con fins informativos ou publicitarios, ata que vostede non revogue o seu consentimento e, en todo caso, sen contraprestación.

d. Analizar os seus datos personais con fins de prospección de mercado e marketing electrónico, para enviarlle información publicitaria de produtos e servicios do organizador.

Revogación do consentimento.- Trataremos os seus datos en tanto non retire o consentimento que agora nos outorga, retirada que pode realizar en calquera momento, con efectos instantáneos, dirixíndose por correo postal ao domicilio social de UNA GRUPO IDEAS FACTORY S.L, Avenida de Barcelona, 33 Local 1A 15706 Santiago de Compostela ou a través da dirección electrónica info@unagrupo.com. Así mesmo, e respecto da canle de mensaxería instantánea soamente, poderá darse de baixa nel respondendo coa palabra "baixa" a calquera dos que reciba. No caso de que a revogación do consentimento a realice antes da data do Evento, debe saber que iso comportará a súa baixa inmediata no mesmo, polo que non poderá participar salvo que volva completar todo o proceso de inscrición.

Conservación dos seus datos persoais.- UNA GRUPO IDEAS FACTORY S.L. adoptou as correspondentes medidas de seguridade para a conservación e custodia dos seus datos de carácter persoal, e designou a unha persoa como Delegado de Protección de Datos, a pesar de non estar obrigada a iso, con quen pode contactar no domicilio social: UNA GRUPO IDEAS FACTORY S.L., Avenida Barcelona, 33 Local 1A 15706 Santiago de Compostela a través da dirección electrónica info@unagrupo.com.

Calquera que sexa a razón pola que revogue o consentemento que agora outorga, os seus datos persoais deixarán de ser tratados, os conservaremos debidamente bloqueados e arquivados para facer fronte a eventuais responsabilidades legais, durante un prazo máximo de cinco anos.

Posibilidade de formular reclamacións ante a AEPD.- En todo caso, lembrámoslle expresamente que ten dereito a formular as reclamacións que estime oportunas ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es), con sede en Madrid, rúa de Jorge Juan 6 (CP 28001), ou ante os organismos equivalentes das Comunidades Autónomas.